Este é un espazo web ben ecléctico. Unha leria, en definitivas contas, dun leriante.
En principio, o que fai é recoller todas as fricadas que publico na rede en multitude de sitios. Tantos que non sei como os actualizo. Para que non tolees coma min, este web recolle todos eles: as entradas do blog serio, as ligazóns dos deliciosos da CTNL, os elementos que comparto no Google Reader, as publicacións profesionais (?) no Scribd, as colaboracións (nin que fose asuído) do Xornal de Galicia, os deseños (ou iso din) e fotos que subo ao Picasa... e supoño que irei sumando máis.
Este web ten diferentes seccións, que serven para pouco ou perderes o tempo. Se che interesa, aí están explicadas:
- Casiña: un resumo de todas esas cousas que publico por aí
- Sementes: o que vou publicando na rede a tempo real, ciscado só en orde cronolóxica
- Imaxes: fai falta explicalo?
- SNL Cerceda: unha das poucas cousas que me tomo en serio da vida
Goza co blog, ou polo menos perde algo o teu tempo en mirar que é o que fago.



